Tres novos éxitos para os nosos compañeiros.
O sábado en Riazor Lara Fernández conseguiu o terceiro posto no 300 m do Campionato Galego, na categoría cadete. Ademáis, despois de conseguir meterse na final de 50 m, acabou nun meritorio quinto posto.
Estivo tamén en Riazor María Pena, que rematou de 12ª e 14ª en altura e peso respectivamente.
O domingo, en Lugo, celebrouse o pentatlon masculino de veteráns, no que José Manuel Gontá conseguiu o 1º posto de M50, tan só 15 días despois de telo acadado no heptatlon.
En categoría M45, estreouse José Manuel Núñez, que rematou segundo moi contento coa experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario