martes, 31 de enero de 2017

RESUMO FIN DE SEMANA

Tres novos éxitos para os nosos compañeiros.

O sábado en Riazor  Lara Fernández conseguiu o terceiro posto no 300 m do Campionato Galego, na categoría cadete. Ademáis, despois de conseguir meterse na final de 50 m, acabou nun meritorio quinto posto.
Estivo tamén en Riazor María Pena, que rematou de 12ª e 14ª en altura e peso respectivamente.

O domingo, en Lugo, celebrouse o pentatlon masculino de veteráns, no que José Manuel Gontá conseguiu o 1º posto de M50, tan só 15 días despois de telo acadado no heptatlon.
En categoría M45, estreouse José Manuel Núñez, que rematou segundo  moi contento coa experiencia.


domingo, 22 de enero de 2017

CAMPIONATO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS




A pesar do frío, os nosos pequenos non se amedrentaron e fixeron unha magnífica actuación no Clasificatorio para o Campionato Escolar de Campo a Través que se celebrou este sábado en Santiago.




Na categoría Benxamín clasificáronse: Icía Ares (6ª), Juan Loureiro (1º), Adam Sadiki (10º), Lucas Sánchez (13º) e Diego Mirás (40º). Ademáis os nenos tamén se clasificaron por equipos con 64 puntos.

Na categoría Alevín clasificouse Gloria Iglesias (1ª).

En categoría Infantil Daniel Loureiro clasificouse co 6º posto.

lunes, 16 de enero de 2017

GALEGO COMBINADAS -PC- CADETES E VETERÁNS

Finaliza o Campionato Galego de probas combinadas de pista cuberta. Este ano tivemos representación nas categorías Cadete e Veterán.
Como Cadetes contamos coa magnífica actuación de María Pena ( 2048 puntos), Lara López ( 1883 puntos) e Andrea Caneda ( 1524), que aínda que non conseguiron subir ao podio regresaron cunhas marcas moi boas.
En Veteranos W40 estiveron Lucía Doval e Isabel Fernández, que conseguiron o ouro e a prata respectivamente con 2136 e 1524 puntos. En M40 participou José Domínguez acadando o primeiro posto con 3650 puntos; e en M50 José Manuel Gontá que con 4204 puntos tamén conseguiu facerse co primeiro posto.


lunes, 9 de enero de 2017

CTO. GALEGO DE VETERÁNS-PISTA CUBERTA

Nova xuntanza e novos éxitos dos nosos veteráns no Campeonato Galego de pista cuberta celebrado este domingo na Coruña.  Un pracer disfrutar xuntos das competicións!
No seguinte enlace podedes ver os RESULTADOS e fotos na galería. Como resumo:
11 Ouros-  11 Pratas- 3 Bronces.

- 50 m lisos: 
     Basilio Bernárdez- 6.79- Ouro
     Darío Núñez- 7.06- Bronce
     Alberto Vázquez- 7.21- Prata
     Tino Bello- 8.02
     Lucía Doval- 7.96- Prata
     Isabel Fernández- 7.91-Ouro
     Pilar Orgeira-9.28
     Hortensia Viaño- 9.04- Bronce

- 200 m lisos:

    Basilio- 25.33- Ouro
    Darío- 27.64
    Lucía- 31.30- Ouro
    Isabel- 31.88- Prata
    Pilar- 36.92

- 400 m: 

    Isabel-1:16.94- Prata
    Tino- 1:08.10

- 50 m vallas:

    José Manuel Gontá- 8.45-Ouro

- Triple:

    Basilio- 12.30-Ouro
    Alberto- 10.08-Ouro

- Lonxitude:

    José Manuel Gontá- 5.15-Ouro
    Carlos Vera- 4.00
    José Manuel Núñez-4.50-Prata
    Alberto- 5.06- Prata
    Lucía- 4.33-Prata

- Altura:

    José Manuel Gontá- 1.39-Prata
    Carlos- 1.15- Bronce
 
- Peso:

    Carlos- 8.75-Ouro
    José Manuel Núñez- 8.43
    José Fraga-10.65- Prata
    Hortensia- 6.22-Prata
    Ángeles Rodríguez- 7.46- Ouro
    María José Fraga- 8.72-Ouro
    Ana Abuín- 7.38- Prata