domingo, 30 de octubre de 2016

GALA DO DEPORTE DE CERCEDA


Este venres tivo lugar a Gala do Deporte do Concello de Cerceda, na que lle foi recoñecido o traballo na tempada pasada a algúns dos nosos compañeiros deste Concello. Noraboa! 

Fotos

sábado, 22 de octubre de 2016

RESULTADOS FINAIS MINIOLIMPIADA

Despois de rematada a segunda xornada da I Miniolimpiada da Mancomunidade, o primeiro e segundo postos mantivéronse como na primeira xornada, sendo a primeira posición para Ordes e a segunda para Cerceda. Contra todo pronóstico, Mesía situouse no terceiro posto, superando a Trazoe Frades, xa que aínda que empataron nos ouros , superounos nas  pratas.
Así pois, o medalleiro quedou deste xeito.


Gracias a tódolos participantes por animarse a asistir a estas I Miniolimpiadas da Mancomunidade e esperamos que tódolos Concellos da mesma poidan seguir compartindo actividades.

miércoles, 12 de octubre de 2016

RESULTADOS MINIOLIMPIADA- SÁBADO 8

Despois de rematada a primeira xornada da Miniolimpiada, o medalleiro está do seguinte xeito:

Aínda queda esperar pola seguinte xornada, así que todo pode cambiar.
Podedes consultar os resultados das distintas probas na pestaña superior.


viernes, 7 de octubre de 2016

INFORMACIÓN MINIOLIMPIADA

Lembramos que este sábado día 8 de outubro inauguramos a Miniolimpiada da Mancomunidade ás 16:00h, nas pistas de atletismo de Ordes.

A partir das 16:00h realizarase a confirmación de inscrición e a entrega de dorsais e camisetas.

O horario deste sábado 8 é o seguinte:
16.00-17:00-Orientación
17:30- 1ª entrega de medallas
17:35- Atletismo e xadrez
18:30- 2ª entrega de medallas
18:40- Atletismo e xadrez
19:40- 3ª entrega de medallas e fin do primeiro día

Horario do sábado 15:
15:00- Fútbol sala ( no pavillón do Colexio Castelao 2. O que non teña o dorsal e/ou a camiseta deberá            pasar previamente polas pistas de atletismo)
O resto das actividades repiten o horario do día 8, clausurando a Miniolimpiada sobre as 19:30.