jueves, 24 de agosto de 2017

XIII CARREIRA POPULAR- A SILVA


Xa temos todo preparado para a seguinte edición da Carreira Popular da Silva. Este ano como novidade "Salto de altura na rúa".



SÓ FALTAS TI!  AGARDÁMOSTE!

Premendo no seguinte ENLACE poderás descargar o Regulamento que ven a continuación.





jueves, 17 de agosto de 2017

GRANDÍSIMO ALBERTO!!!

Tres medallas para o noso compañeiro Alberto Vázquez! Esta vez competindo co corpo de policías vigueses nos XVII Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, celebrado en Los Ángeles, Alberto acadou dúas pratas en lonxitude e triple salto, e un bronce en  100 m valados, ademais dun cuarto posto en 400 m valados.

Noraboa Alberto!
 Un orgullo para o clube!

martes, 8 de agosto de 2017

BENVIDO A CASA!!!!


E como gran campeón que é, Basi tivo o seu recibimento. Aínda que non puido haber unha ampla representación do clube, os que alí estiveron transmitíronlle a máis grande aperta e noraboa de parte do resto do equipo.Queda a celebración pendente!!!

domingo, 6 de agosto de 2017

O MÁIS GRANDE!!!






Remata o Campionato Europeo de Veteráns de Dinamarca coa consecución da MEDALLA DE OURO de BASILIO BERNÁRDEZ en salto de lonxitude. Nin máis nin  menos que 6.41 metros para facerse con este primeiro posto. Resultado moi merecido por todo o traballo realizado ao longo da tempada. Agora a descansar!
  Feliz regreso a casa!







E mención tamén para DARÍO NÚÑEZ, que  formou parte da representación do noso clube neste campionato, e que para nós tamén é campión por todo o seu esforzo e bo traballo feito! Noraboa e a seguir loitando!