martes, 30 de mayo de 2017

CTO. GALEGO VETERÁNS

O domingo foi o turno dos veteráns, que se desplazaron a Ourense ao Campionato Galego de Aire Libre, conseguindo un total de  36  medallas. Foi este domingo o primeiro Campionato para Susi Liste. Esperamos que disfrutara da competición e, como non, de compartir o día co resto do equipo.

Xosé Rivera Gómez: dúas pratas (100 m e disco) e un bronce en 200 m
Alberto Vázquez Alonso: un bronce en 100 m e dous ouros (salto de lonxitude e triple salto)

María Isabel Fernández Bello: ouro en 100 m e prata en 200 m
María Teresa Janeiro Sueiro: ouro en 100 m e ouro en peso ( xa a temos media adoptada no equipo)
Basilio Bernárdez Rodríguez: dos ouros ( en 200 m e en salto de lonxitude) e prata en triple salto
José Domínguez Caballero: prata en 200 mey ouro en xavelina
Lucía Doval Sánchez: bronce en 200 m, prata en salto de lonxitude e ouro en xavelina
José Manuel Gontá Ayude: ouro en 100 m vallas e prata en xavelina
María José Fraga Graña: bronce en salto de lonxitude e prata en peso
María Ángeles Rodríguez del Río: ouro en salto de lonxitude e prata en xavelina
Hortensia Viaño Liste: prata en peso
Ana María Abuín Pazos: tres medallas de ouro (disco, martelo e xavelina)
José Manuel Núñez Sánchez: ouro en salto de lonxitude e prata en peso
José Fraga Caamaño: tres ouros (peso, disco y martelo)
Carlos Vera Domínguez: con tres bronces (peso, disco e martelo)

Podedes consultar todo os resultados neste ENLACE (fotos en galería)


( foto de equipo: Aínda que Ángeles, Lucía e Ana estaban mollándose para recoller a medalla, non querían deixar de aparecer na foto de equipo, así que...engadidas!!)

lunes, 29 de mayo de 2017

CTO. GALEGO CLUBES

O sábado celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato de Clubes das categorías Benxamín, Alevín e Infantil. Os nosos pequenos non lle tiveron medo á intensa calor, e fixeron unha magnífica competición esforzándose ao máximo. Ao terminar tiveron o seu merecido momento de refresco, que podedes ver na galería.

RESULTADOS INFANTIL

Ademáis o venres, no trofeo Arceclima, Juan Mosquera conseguiu o ouro en 50 m, Icía Ares o bronce nos 50 m, e Martiño Caneda e Alejandra Souto tamén o ouro en 80 m.

domingo, 21 de mayo de 2017

RESULTADOS FIN DE SEMANA

VENRES 19

 Magníficos resultados acadados no Trofeo Atletismo- Lugo

María Pena segue a bater a súa propia marca en xavelina, cun lanzamento de 36.08m, co que se situou primeira. Os outros lanzamentos tamén moi bos, sempre por riba da marca mínima nacional.

Lara López estratosférica cun tempo de 13.59 en 100 m .

José Manuel Gontá segundo en 100m vallas (0,91), cun tempo de 18.00.

SÁBADO 20

Campionato provincial escolar en pista

Rematou coa consecución de 12 medallas para os máis pequenos do clube. Cunha canteira así temos o futuro asegurado!! Noraboa rapaces!!!

Á espera do resumo podedes consultar os resultados no seguinte ENLACE

lunes, 15 de mayo de 2017

PROBAS COMBINADAS-VETERÁNS

5 medallas acadadas esta fin de semana no Campionato de España celebrado en Logroño, nas modalidades de décathlon, héptathlon e péntathlon de lanzamentos.

En pentathlon de lanzamentos M55, José Fraga, que quedou en sexto lugar con 2394 puntos, Ana Abuin ( F55) que conseguiu o ouro con 2567 puntos e Ángeles Rodríguez (F 55) o bronce con 2253 puntos.

En héptathlon F40 , Lucía Doval, que quedou segunda con 3145 puntos; acompañada por Tita Janeiro do filial Atletismo Cuntis, en F 35, que foi primeira con 2812 puntos.

E rematando a xornada do domingo, José Domínguez (M45) e José Manuel Gonta (M50) acadaron sendos ouros, con 5597 puntos e 5337 puntos respectivamente.

domingo, 7 de mayo de 2017

CONSEGUIDO!!!!!

Non tiñamos ningunha dúbida!!Cun lanzamento en xavelina de 33, 11, MARÍA PENA acadou esta mañá en Vigo a mínima para o Campionato de España. FELICIDADES!!.

María estivo ben acompañada nesta xornada do circuíto Concello Vigo Atletismo en pista, na que Alberto e Basi fixeron de fantásticos anfitrións, e onde se conseguiron outras boas marcas. Podedes consultar aquí os RESULTADOS

Onte tamén tivo lugar na Pobra do Caramiñal a IV xornada escolar en pista Infantil, na que os nosos rapaces tamén fixeron unha boa actuación. Neste enlace tedes os RESULTADOS. (fotos en galería)