miércoles, 24 de febrero de 2016

COMPETICIÓNS FIN DE SEMANA

Este fin de semana estivo cargado de competicións.

Comezou xa o venres cun control de marcas na Coruña.  Entre as distintas acutacións destacamos a de Sara Míguez que acadou a mínima en vallas para o Campionato Galego, cun tempo de 10.88.
Podedes ver tódolos resultados premendo no seguinte enlace: CONTROL DE MARCAS-CORUÑA

O sábado, outro control de marcas, esta vez en Ribeira, onde Martín Moar melloraba marca en peso con 10.47m. RESULTADOS

Ademáis, en Pontevedra, tiña lugar o Campionato Galego Absoluto de lanzamentos longos de inverno, no que Martín Liste quedaría no 5º posto en Disco de 2Kg.

Disputouse paralelamente o Campionato Galego de Pentatlon de lanzamentos- Veteranos.
En categoría W 55 proclamouse campiona Ana Abuín que ademáis conseguiu o récord de España de martillo pesado. Acompañouna no podium como subcampiona Ángeles Rodríguez.
Tamén houbo medallas na categoría masculina: José Fraga subcampeón en M50, José Manuel Nuñez e Carlos Vera campión e subcampión en M 45 e Carlos Ferrer campión en M 55.

 RESULTADOS PENTATLON





Para finalizar a fin de semana, o domingo disputouse en Vilagarcía o Trofeo Atletismo Mazi. Competiron María Pena, Andra Caneda, Daniel Castro, Icía Ares, Sofía , Saray, Martiño, Gloria e Daniel Loureiro, este último debutando con medalla incluída. En total acadaron 1 plata e 3 bronces.



RESULTADOS VILAGARCÍA

lunes, 8 de febrero de 2016

CTO. GALEGO DE PROBAS COMBINADAS-LUGO



Este fin de semana foi o turno das combinadas masculinas. Éxito de José Domínguez no Pentathlon M40, que con 2711 puntos acadou a 1ª posición, e o máis importante, con boas sensacións e moi contento. Tamén acadou a 1ª posición no Pentathlon M50 Alberto Vázquez, con 2462 puntos.












 En Hexathlon Cadete participou Lucas Paz, quedando non 10º posto con 2348 puntos.



Paralelamente ao Campeonato Galego, tamén se celebrou a II Xornada da Copa Deputación de pista cuberta, na que participou Roberto Faya en Lonxitude. Cun salto de 5.97 quedouna 7ª posición.

Noraboa a todos!

miércoles, 3 de febrero de 2016

CAMPEONATO GALEGO- CAMPO A TRAVÉS

A pesar da lama e do terreo irregular,  vímonos ben representados no Campeonato Galego de Campo a través, que tivo lugar en Friol este pasado domingo.

En xuvenís: Andrea Cancela ( 17:36) e Lucía Romero (22:55)
En cadetes: Rubén Carrillo ( 15:31) e Gaizka Gómez ( 19:17)

Paralelamente a esta competición, tamén se celebrou un memorial para menores, onde nos representou Enerit Gómez (alevín) , rematando nun tempo de 8:10.

BEN FEITO!