domingo, 24 de diciembre de 2017

RESUMO DECEMBRO

A punto de rematar o ano, facemos un resumo deste mes.

Comezamos decembro coa boa nova da consecución de Marca Mínima Nacional por parte de MARÍA PENA  en xabelina.
Como premio e regalo de Nadal, este 26 marcha de concentración a León.







Tres equipos conseguiron clasificarse para participar o 16 de decembro na Liga Galega de inverno de Categorías menores ( Benxamín masculino, Infantil masculino e Infantil femenino). 5º fantásticos postos para os tres, estrenando a pista cuberta de Ourense. Moi boas posicións tendo en conta que non cubrían tódalas probas.

RESULTADOS BENXAMÍN- RESULTADOS INFANTIL


O 22 de decembro tocou o II Trofeo atletismo en pista de USC. 9 medallas conseguidas:

Juan Loureiro- Ouro en 500m
Daniel Loureiro- Prata en 500m  e en 60mv
Martiño Caneda- Ouro en 500m e en 60mv
Samuel Fariña- Bronce en 500m
Antonio Soto- Bronce en peso
Lara López- Ouro en 60m
Elisa Mendoza- Bronce en 500m

RESULTADOS

Esta vez  foron os atletas veteráns os que se estrenaron na nova pista cuberta, na celebración  da I Copa de Galicia Mástero 23 de decembro, na que o equipo feminino conseguiu o 2º posto e o masculino o 3º. Fantástica xornada!



RESULTADOS




















É posible que aínda quede algunha competición máis ata final de ano. Unha delas a San Silvestre de Ordes, que terá lugar o 31 de decembro ás 12 da mañá, e na que colabora o noso clube, xunto co Atletismo Ordes. Non deixedes de asistir!!! Podedes inscribirvos de maneira gratuita en carreirasgalegas.com. ENLACE

jueves, 30 de noviembre de 2017

TROFEO CIDADE DE NARÓN

Primeira actuación desta tempada acudindo ao Trofeo Cidade de Narón o domingo 26.



Destaca a participación de Paula Noya en 300m e Lara López en 200 m, con marcas moi cercanas á mínima española.

Debut neste trofeo de Pablo Mendoza e Antonio Soto.

No seguinte ENLACE podedes consultar os resultados.

jueves, 23 de noviembre de 2017

CLASIFICACIÓN EQUIPOS

Tres equipos clasificados para o Galego de pista cuberta que terá lugar o 16 de decembro nas pistas de Ourense: Infantil homes, Infantil mulleres e Benxamín homes.

Moita sorte e a por todas!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

VI LIGA GALEGA-ABANCA

Este sábado celebrouse a Liga Galega ABANCA de categorías menores, na que o  equipo Benxamín Masculino acadou a terceira praza, o Infantil Feminino a 4ª, o Infantil masculino a 5ª, o Benxamín feminino a 6ª e o Alevín feminino a 8ª. Moi boa actuación de todos á espera das clasificacións para o provincial.

No seguinte ENLACE podedes consultar os resultados.

domingo, 24 de septiembre de 2017

CARREIRA A SILVA

Con un pouco de retraso, non queremos deixar de agradecer a todos a súa contribución na realización doutra edición da Carreira Popular de A Silva: participantes, patrocinadores e colaboradores. A todos GRACIAS UN ANO MÁIS! , por acercarvos a participar e por colaborar económicamente, con trofeos, froita, bebida, regalos...(non nombramos a todos por temor a esquecernos de alguén) e como non, polo tempo libre de tódolos voluntarios.

Deixamos algunha foto na galería.

miércoles, 6 de septiembre de 2017

ESCOLAS



En outubro darán comezo as clases das Escolas de Atletismo, tanto na Silva coma en Ordes. Premendo no seguinte ENLACE teredes acceso ao impreso de inscrición, que poderedes imprimir.


sábado, 2 de septiembre de 2017

CARREIRA- AVISO IMPORTANTE!!!

 Por motivo da coincidencia coa VOLTA CICLISTA A GALICIA, e ante a imposibilidade de poder utilizar a estrada AC-400, vémonos na obriga de modificar o percorrido e distancia da carreira de 10 Km, pasando a ser agora de 7 Km.

No seguinte ENLACE adxuntamos o novo regulamento con ditas modificacións e adxuntamos enlace do perfil do novo percorrido.

Agradecemos a súa máxima difusión e pedimos disculpas por estes cambios que nos viñeron impostos.

Un saúdo
José Domínguez Caballero (Presidente Atlética A Silva)

jueves, 24 de agosto de 2017

XIII CARREIRA POPULAR- A SILVA


Xa temos todo preparado para a seguinte edición da Carreira Popular da Silva. Este ano como novidade "Salto de altura na rúa".



SÓ FALTAS TI!  AGARDÁMOSTE!

Premendo no seguinte ENLACE poderás descargar o Regulamento que ven a continuación.





jueves, 17 de agosto de 2017

GRANDÍSIMO ALBERTO!!!

Tres medallas para o noso compañeiro Alberto Vázquez! Esta vez competindo co corpo de policías vigueses nos XVII Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, celebrado en Los Ángeles, Alberto acadou dúas pratas en lonxitude e triple salto, e un bronce en  100 m valados, ademais dun cuarto posto en 400 m valados.

Noraboa Alberto!
 Un orgullo para o clube!

martes, 8 de agosto de 2017

BENVIDO A CASA!!!!


E como gran campeón que é, Basi tivo o seu recibimento. Aínda que non puido haber unha ampla representación do clube, os que alí estiveron transmitíronlle a máis grande aperta e noraboa de parte do resto do equipo.Queda a celebración pendente!!!

domingo, 6 de agosto de 2017

O MÁIS GRANDE!!!






Remata o Campionato Europeo de Veteráns de Dinamarca coa consecución da MEDALLA DE OURO de BASILIO BERNÁRDEZ en salto de lonxitude. Nin máis nin  menos que 6.41 metros para facerse con este primeiro posto. Resultado moi merecido por todo o traballo realizado ao longo da tempada. Agora a descansar!
  Feliz regreso a casa!







E mención tamén para DARÍO NÚÑEZ, que  formou parte da representación do noso clube neste campionato, e que para nós tamén é campión por todo o seu esforzo e bo traballo feito! Noraboa e a seguir loitando!

domingo, 2 de julio de 2017

CTO. ESPAÑA CADETE

Magnífica actuación das nosas cadetes esta fin de semana en Murcia.
En 300 metros, Lara López, que aínda que non conseguiu meterse na final, competiu ao máximo coa satisfación de chegar ata alí, e de saber que foi polo bo traballo realizado.
En xavelina, María Pena, acadando a cuarta posición nunha competición moi reñida. Novamente conseguindo mellorar a súa marca persoal cun lanzamento de 38.22 m, e demostrando que merece estar entre as mellores. Para nós, medalla de ouro!!!

Boísima temporada para as dúas! Noraboa!

viernes, 30 de junio de 2017

CAMPUS


Remata con éxito unha nova edición do Campus de Atletismo, organizado polo noso Clube en colaboración co Clube Atletismo Ordes. Agradecemos aos rapaces e non tan rapaces a súa participación e esperamos que disfrutaran moito. Tamén agradecemos a colaboración dos Concellos de Ordes e Cerceda para poder facer posible a realización do campus.
Esperámosvos na próxima edición!

miércoles, 28 de junio de 2017

CAMPIONATOS DE ESPAÑA ...E MÁIS!!!!

Últimamente temos o blog algo descoidado, por iso nesta entrada faremos un resumo dos últimos campionatos.

Comezamos cos Campionatos de España:



No de Federacións Autonómicas Cadete celebrado en Lorca, María Pena acadaba a prata en xavelina cun magnífico lanzamento de 37.90m , que sería tamén a súa mellor marca persoal. Competiu tamén Lara López en 4 x 100 e 4x 300, e aínda que non subiu ao podium fixo unha moi boa competición. Ademáis, días despois dounos a grande alegría cando conseguiu a mínima para participar no Campionato de España Cadete, na proba de 300m.
 Estas dúas grandes atletas participarán este próximo fin de semana en Murcia no Campionato de España. Moita sorte!








Na categoría veterán, sete dos nosos atletas acadaron 11 medallas esta fin de semana en Elche:
- Rogelio Santos (prata en relevos)
- Basilio Bernárdez ( tres pratas en lonxitude, triple e relevos)
- Alberto Vázquez ( unha prata en relevos e un bronce en triple)
- Darío Núñez ( prata en relevos)
- Ana Abuín ( tres ouros en disco, martelo e martelo pesado; e dúas pratas en peso e xavelina)
- Ángeles Rodríguez ( ouro en xavelina)
- Lucía Doval (bronce en xavelina)

 Compartiron viaxe e campionato con Tita Janeiro, do Clube filial Atletismo Cuntis, que acadou o ouro en xavelina, e coa que completaron o equipo de relevos 4x100 en categoría W35.

Como clube, o noso quedou na 14ª posición dun total de 189 clubes.


Tamén tivemos representación nos Campionatos Galegos:

En categoría Junior, Mencía Pena acadou o bronce en xavelina. Moi boa competición!! Bravo!


En categoría Promesa, Martín Liste sigue dando guerra no disco, conseguindo o ouro por sétimo ano consecutivo. Fantástico!



martes, 30 de mayo de 2017

CTO. GALEGO VETERÁNS

O domingo foi o turno dos veteráns, que se desplazaron a Ourense ao Campionato Galego de Aire Libre, conseguindo un total de  36  medallas. Foi este domingo o primeiro Campionato para Susi Liste. Esperamos que disfrutara da competición e, como non, de compartir o día co resto do equipo.

Xosé Rivera Gómez: dúas pratas (100 m e disco) e un bronce en 200 m
Alberto Vázquez Alonso: un bronce en 100 m e dous ouros (salto de lonxitude e triple salto)

María Isabel Fernández Bello: ouro en 100 m e prata en 200 m
María Teresa Janeiro Sueiro: ouro en 100 m e ouro en peso ( xa a temos media adoptada no equipo)
Basilio Bernárdez Rodríguez: dos ouros ( en 200 m e en salto de lonxitude) e prata en triple salto
José Domínguez Caballero: prata en 200 mey ouro en xavelina
Lucía Doval Sánchez: bronce en 200 m, prata en salto de lonxitude e ouro en xavelina
José Manuel Gontá Ayude: ouro en 100 m vallas e prata en xavelina
María José Fraga Graña: bronce en salto de lonxitude e prata en peso
María Ángeles Rodríguez del Río: ouro en salto de lonxitude e prata en xavelina
Hortensia Viaño Liste: prata en peso
Ana María Abuín Pazos: tres medallas de ouro (disco, martelo e xavelina)
José Manuel Núñez Sánchez: ouro en salto de lonxitude e prata en peso
José Fraga Caamaño: tres ouros (peso, disco y martelo)
Carlos Vera Domínguez: con tres bronces (peso, disco e martelo)

Podedes consultar todo os resultados neste ENLACE (fotos en galería)


( foto de equipo: Aínda que Ángeles, Lucía e Ana estaban mollándose para recoller a medalla, non querían deixar de aparecer na foto de equipo, así que...engadidas!!)

lunes, 29 de mayo de 2017

CTO. GALEGO CLUBES

O sábado celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato de Clubes das categorías Benxamín, Alevín e Infantil. Os nosos pequenos non lle tiveron medo á intensa calor, e fixeron unha magnífica competición esforzándose ao máximo. Ao terminar tiveron o seu merecido momento de refresco, que podedes ver na galería.

RESULTADOS INFANTIL

Ademáis o venres, no trofeo Arceclima, Juan Mosquera conseguiu o ouro en 50 m, Icía Ares o bronce nos 50 m, e Martiño Caneda e Alejandra Souto tamén o ouro en 80 m.

domingo, 21 de mayo de 2017

RESULTADOS FIN DE SEMANA

VENRES 19

 Magníficos resultados acadados no Trofeo Atletismo- Lugo

María Pena segue a bater a súa propia marca en xavelina, cun lanzamento de 36.08m, co que se situou primeira. Os outros lanzamentos tamén moi bos, sempre por riba da marca mínima nacional.

Lara López estratosférica cun tempo de 13.59 en 100 m .

José Manuel Gontá segundo en 100m vallas (0,91), cun tempo de 18.00.

SÁBADO 20

Campionato provincial escolar en pista

Rematou coa consecución de 12 medallas para os máis pequenos do clube. Cunha canteira así temos o futuro asegurado!! Noraboa rapaces!!!

Á espera do resumo podedes consultar os resultados no seguinte ENLACE

lunes, 15 de mayo de 2017

PROBAS COMBINADAS-VETERÁNS

5 medallas acadadas esta fin de semana no Campionato de España celebrado en Logroño, nas modalidades de décathlon, héptathlon e péntathlon de lanzamentos.

En pentathlon de lanzamentos M55, José Fraga, que quedou en sexto lugar con 2394 puntos, Ana Abuin ( F55) que conseguiu o ouro con 2567 puntos e Ángeles Rodríguez (F 55) o bronce con 2253 puntos.

En héptathlon F40 , Lucía Doval, que quedou segunda con 3145 puntos; acompañada por Tita Janeiro do filial Atletismo Cuntis, en F 35, que foi primeira con 2812 puntos.

E rematando a xornada do domingo, José Domínguez (M45) e José Manuel Gonta (M50) acadaron sendos ouros, con 5597 puntos e 5337 puntos respectivamente.

domingo, 7 de mayo de 2017

CONSEGUIDO!!!!!

Non tiñamos ningunha dúbida!!Cun lanzamento en xavelina de 33, 11, MARÍA PENA acadou esta mañá en Vigo a mínima para o Campionato de España. FELICIDADES!!.

María estivo ben acompañada nesta xornada do circuíto Concello Vigo Atletismo en pista, na que Alberto e Basi fixeron de fantásticos anfitrións, e onde se conseguiron outras boas marcas. Podedes consultar aquí os RESULTADOS

Onte tamén tivo lugar na Pobra do Caramiñal a IV xornada escolar en pista Infantil, na que os nosos rapaces tamén fixeron unha boa actuación. Neste enlace tedes os RESULTADOS. (fotos en galería)


viernes, 28 de abril de 2017

ACTUALIZACIÓN DA LIGA INTERNA


II XORNADA ESCOLAR EN PISTA-INFANTIL

Magníficos resultados dos infantís en Riveira, na xornada celebrada o domingo.


2 ouros para Gloria Pena en 150m e lonxitude
3 ouros para Daniel Loureiro en salto de altura, pértiga e xavelina.
1 ouro, 1 prata e 1 bronce para Martiño en 220 m vallas, triple e xavelina
1 ouro e 1 prata para Martin Barro en salto de lonxitude e 220 m vallas
1 prata e 1 bronce para Angel Ramilo en disco e lonxitude
1 bronce para Alejandra Souto en 80 ml
1 ouro e 1 prata para Eva Tacón en triple e xavelina
2 pratas para Estrella Barreiro en 220 vallas e triple
1 bronce para Paula Roca en triple
1 oro para o relevo 4 x 80 (Eva, Naiara, Gloria e Alejandra)



sábado, 22 de abril de 2017

TROFEO LOVELACE





Ouro para María Pena en xavelina 500g, cun lanzamento de 32 m,  conseguido esta tarde noTrofeo Internacional Lovelace (Portugal). Mellor marca persoal, a tan so 1 m da mínima para o Nacional. ¡ A por ela!

miércoles, 12 de abril de 2017

CTO. GALICIA COMBINADAS

No campionado Galego de probas combinadas (heptatlon feminino-decathlon masculino), celebrado esta fin de semana en Pontevedra, ouro nas súas respectivas categorías para os cinco veteráns do clube que ata alí se achegaron:
-Xosé Rivera (M35)- Debut de Xosé nas combinadas, cunha fantástica actuación conseguindo 3650p.
- Alberto Vázquez (M 50)- 3986p
- José Domínguez (M45)- 53047p
- María José Fraga (F40)- 2629p, acadando ademáis a mínima para o campionato de España.
- Ángeles Rodríguez (F55)- 2473p

Paralelamente tamén se celebrou o Campionato de clubes de probas combinadas. Destacamos a participación de María Pena no mesmo, que con 2575p e, sendo a súa primeira competición en combinadas na categoría cadete(hexathlon), conseguiu situarse en quinto lugar.

lunes, 3 de abril de 2017

LIGA INTERNA DO CLUBE

 Agora, a puntuación, ata o momento, da liga interna do clube. Ánimo e a seguir xuntando puntos!

CLASIFICATORIO ZONAL-XOGADE- BENXAMÍN -ALEVÍN

A continuación tedes un resumo do clasificatorio zonal celebrado este sábado en Noia:

- Gloria: Lonxitude ( 3.67m)- e MMP; Xavelina ( 17.96) -
- Andrea Orjales: Lonxitude ( 2.65)-MMP e 60m (11.54)
- Xiana: Peso ( 4.34) MMP
- Eneritz: Lonxitude (2.26); 500m ( 1.58:98)MMP
- Lucas: Peso (6.07)MMP; Lonxitude( 2.58) MMP
- Adam: 50m (9.96); Lonxitude (2.22)
- Breixo: 60m (11.29); Lonxitude (2.86)
- Nacho: Peso (7.62)- - MMP; Xavelina(12.70)-MMP
- Icía: 50m ( 9.12)- MMP; Lonxitude ( 2.94) -- MMP
- Mauro: 500m ( 1.49:75)- MMP; Xavelin ( 14.99)-
- Juan: Altura ( 1.00)-
- Alba: Lonxitude (2.03)
-Xiana: Lonxitude (1.94)-MMP
- Carla: Lonxitude (1.44)
- RELEVOS: Xiana, Alba, Carla e Xiana do Río: 42.37- 3º posto

Ademáis, situáronse 4º por equipos entre 18.

viernes, 31 de marzo de 2017

BENVIDA A CASA!!!!!

Non é ningún futbolista famoso, pero a nosa ANGI  tamén tivo o seu merecido recibimento e posterior celebración.


martes, 21 de marzo de 2017

FANTÁSTICA ÁNGELES!!!!


OURO  para Ángeles Rodríguez en xavelina no Campionato do Mundo que se está a celebrar en Daegu- Korea.
Grandísima Ángeles!!! 

Noraboa e a disfrutar do que queda de Campionato!!

lunes, 20 de marzo de 2017

CTO. GALEGO-PC- BENXAMÍN-ALEVÍN-INFANTIL



Ouro para Gloria Pena nos 50m da categoría Infantil, cun gran rexistro de 7.25.

Hai que destacar tamén a actuación do resto de compoñentes do clube, que aínda que non subiron ao podium fixeron unha competición magnífica:

- Alejandra: 4ª en 50 ml con 7.65
- Gloria Iglesias: 7ª en lonxitude con MMP: 3.70m
- Juan: 10º en 50 m tamén con MMP e 4º en 500m a tan so 2 centésimas do terceiro.
- Martín Barro: 12 º en 50m, sendo este o seu primero campionato en Pista Cuberta
- Martiño: 10º en peso. MMP con 7.91 e 5º en vallas.
- Icía: 11ª en 500m , con MMP
                - Alejandro: 6º en peso y MMP
                      - Nacho:8º en peso y MMP

lunes, 13 de marzo de 2017

CTO. ESPAÑA-VETERANOS-MADRID

Magnífica participación dos nosos veteráns no Campionato de España de Pista cuberta, celebrado esta fin de semana en Madrid.Con ou sen conseguir subir ao podium, realizaron unha gran actuación nun campionato cun amplo número de participantes e gran nivel.


Este é o  resumo:

M 40
Basilio Bernárdez- Lonxitude: 6.20- Prata
                               Triple: 13.06- Bronce

Rogelio Santos- Triple: 10.23

M 45
Darío Núñez- 60m: 8.15
                       200m: 26.79

José Domínguez- Pentatlon: 3152 p- Bronce

M 50 
Alberto Vázquez- Triple: 10.58
                              Lonxitude: 5.02

José Manuel Gontá- 60 mv: 10.01- Bronce- Récord Galego
                                 Pentatlon: 2914p- Bronce

4x200m- M40- Alberto- Rogelio- Darío- Basilio- 1:47.56


W 35
Tita Janeiro ( do clube Cuntis, filial da Atlética, coa que compartimos viaxe, competición e a súa fantástica actuación para completar o equipo de relevos)
                  60 m: 9.23
                  Peso: 9.02
                  Pentatlon: 1945 p- Prata

W40
Isabel Fernández- 60 m : 9.06
                              200m: 30.93

Lucía Doval- 60m; 9.34
                      Lonxitude: 4.25
                      Peso: 7.77
                      Pentatlon: 2377p- Bronce

Mª José Fraga- Peso: 8.84
                         Altura: 1.34- Bronce

4x200m- W35: Tita-Lucía- Isabel- Mª José: 2:07.76- Bronce- Récord Galego

                                 


miércoles, 8 de marzo de 2017

TROFEO ATLETISMO MAZI



Esta fin de semana destacamos a actuación dos Benxamíns en Vilagarcía.
Juan Loureiro acadou un terceiro posto en 500 m ( 1:43.5) e un 5º posto en lonxitude ( 3.00m)
Icía Ares conseguiu dous cuartos postos en 50 m (9.21) e lonxitude (2.57)
Xiana López quedou segunda en lanzamento de peso ( 4.16 m), participando tamén en 50 m (10.59)
Alba García participou en lonxitude ( 1.89m)
Ademáis, o equipo de relevos  formado por Xiana, Iria, Alba e Icía, quedou en quinto lugar cun tempo de 40.3




Tamén tivemos representación noutras categorías.

En Alevíns, Gloria Iglesias no 500m ( 1:42.8) e en lonxitude, acadando o cuarto posto con 3.44 m: Eneritz Gómez no 500 m ( 2:08.9) e lonxitude ( 2.29)

Na categoría Infantil Daniel Loureiro en 500m ( 1:32.48) e altura ( 1.20m ); Martín Barro en 500 m( 1:4.50); Martiño Caneda en altura ( 1.20m) e peso (7.85m) quedando terceiro nesta proba.



miércoles, 1 de marzo de 2017

CTO. GALEGO ABSOLUTO

Bronce para Martín Liste e Ana Abuín no Campionato Galego Absoluto de lanzamentos. Martín conseguiuno no lanzamento de disco e Ana no de xavelina. Noraboa!!

domingo, 12 de febrero de 2017

PENTA LANZAMENTOS- VETERÁN

Hoxe foi o turno dos Veteráns en Pontevedra, que competiron no Campionato Galego de Pentatlon de lanzamentos.


Catro medallas para os nosos catro compañeiros.
En M45, Carlos Vera. Ouro con 1466 puntos.
En M55, José Fraga. Prata con 2468 puntos.
Reñida estivo a categoría W55 coas nosas dúas compañeiras. Ángeles del Río conseguiu o ouro con 2282 puntos, e Ana Abuín a prata a tan so 10 puntos de Ángeles (2272)

Felicidades!!!!

CTO. GALEGO DE LANZAMENTOS

Terceiro posto para María Pena na Categoría Cadete do Campionato Galego de lanzamentos. Con 30 metros está a piques de conseguir a mínima para o nacional. Seguro que en breve se fai coa marca. Noraboa!

domingo, 5 de febrero de 2017

CTO. GALEGO- ABSOLUTO-PROMESA


Pedro Pose proclamouse onte Subcampeón Galego dos 400 m na categoría promesa. E a verdade é que "promete"!!! Noraboa!!!

martes, 31 de enero de 2017

RESUMO FIN DE SEMANA

Tres novos éxitos para os nosos compañeiros.

O sábado en Riazor  Lara Fernández conseguiu o terceiro posto no 300 m do Campionato Galego, na categoría cadete. Ademáis, despois de conseguir meterse na final de 50 m, acabou nun meritorio quinto posto.
Estivo tamén en Riazor María Pena, que rematou de 12ª e 14ª en altura e peso respectivamente.

O domingo, en Lugo, celebrouse o pentatlon masculino de veteráns, no que José Manuel Gontá conseguiu o 1º posto de M50, tan só 15 días despois de telo acadado no heptatlon.
En categoría M45, estreouse José Manuel Núñez, que rematou segundo  moi contento coa experiencia.


domingo, 22 de enero de 2017

CAMPIONATO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS




A pesar do frío, os nosos pequenos non se amedrentaron e fixeron unha magnífica actuación no Clasificatorio para o Campionato Escolar de Campo a Través que se celebrou este sábado en Santiago.




Na categoría Benxamín clasificáronse: Icía Ares (6ª), Juan Loureiro (1º), Adam Sadiki (10º), Lucas Sánchez (13º) e Diego Mirás (40º). Ademáis os nenos tamén se clasificaron por equipos con 64 puntos.

Na categoría Alevín clasificouse Gloria Iglesias (1ª).

En categoría Infantil Daniel Loureiro clasificouse co 6º posto.

lunes, 16 de enero de 2017

GALEGO COMBINADAS -PC- CADETES E VETERÁNS

Finaliza o Campionato Galego de probas combinadas de pista cuberta. Este ano tivemos representación nas categorías Cadete e Veterán.
Como Cadetes contamos coa magnífica actuación de María Pena ( 2048 puntos), Lara López ( 1883 puntos) e Andrea Caneda ( 1524), que aínda que non conseguiron subir ao podio regresaron cunhas marcas moi boas.
En Veteranos W40 estiveron Lucía Doval e Isabel Fernández, que conseguiron o ouro e a prata respectivamente con 2136 e 1524 puntos. En M40 participou José Domínguez acadando o primeiro posto con 3650 puntos; e en M50 José Manuel Gontá que con 4204 puntos tamén conseguiu facerse co primeiro posto.


lunes, 9 de enero de 2017

CTO. GALEGO DE VETERÁNS-PISTA CUBERTA

Nova xuntanza e novos éxitos dos nosos veteráns no Campeonato Galego de pista cuberta celebrado este domingo na Coruña.  Un pracer disfrutar xuntos das competicións!
No seguinte enlace podedes ver os RESULTADOS e fotos na galería. Como resumo:
11 Ouros-  11 Pratas- 3 Bronces.

- 50 m lisos: 
     Basilio Bernárdez- 6.79- Ouro
     Darío Núñez- 7.06- Bronce
     Alberto Vázquez- 7.21- Prata
     Tino Bello- 8.02
     Lucía Doval- 7.96- Prata
     Isabel Fernández- 7.91-Ouro
     Pilar Orgeira-9.28
     Hortensia Viaño- 9.04- Bronce

- 200 m lisos:

    Basilio- 25.33- Ouro
    Darío- 27.64
    Lucía- 31.30- Ouro
    Isabel- 31.88- Prata
    Pilar- 36.92

- 400 m: 

    Isabel-1:16.94- Prata
    Tino- 1:08.10

- 50 m vallas:

    José Manuel Gontá- 8.45-Ouro

- Triple:

    Basilio- 12.30-Ouro
    Alberto- 10.08-Ouro

- Lonxitude:

    José Manuel Gontá- 5.15-Ouro
    Carlos Vera- 4.00
    José Manuel Núñez-4.50-Prata
    Alberto- 5.06- Prata
    Lucía- 4.33-Prata

- Altura:

    José Manuel Gontá- 1.39-Prata
    Carlos- 1.15- Bronce
 
- Peso:

    Carlos- 8.75-Ouro
    José Manuel Núñez- 8.43
    José Fraga-10.65- Prata
    Hortensia- 6.22-Prata
    Ángeles Rodríguez- 7.46- Ouro
    María José Fraga- 8.72-Ouro
    Ana Abuín- 7.38- Prata