jueves, 28 de abril de 2016

RESUMO XOGADE

Premento enriba da localidade, podedes ver os resultados das dúas últimas xornadas clasificatorias de Xogade ( as da Pobra do Caramiñal aínda por modificar debido a erros)

SANTIAGO-9 de abril    SANTIAGO- 16 de abril    POBRA-23 de abril

A modo de resumo, diremos que na xornada do 9 de abril acadáronse 7 primeiros postos, 1 segundo e 3 terceiros, con 8 mellores marcas personais. Na xornada do 16 de abril, 2 primeiros postos, 2 segundos e 2 bronces, conseguíndose 5 mellores marcas personais. Un total de 17 medallas.
Quedamos á espera dos resultados definitivos da Pobra.

domingo, 24 de abril de 2016

MÍNIMA CONSEGUIDA!



Con 45.15 m, Martín Liste consigue a mínima en disco para participar no Campionato de España. Esta marca foi conseguida na Copa Galega de Clubes, na que Martín competía co Clube Atletismo Celta, do que somo filiais.
¡A por todas!

lunes, 18 de abril de 2016

CTO. GALEGO- COMBINADAS- VETERÁNS


Primeira competición en Héptatlon para Isabel Fernández Bello, que saiu airosa das distintas probas, acadando un total de 1784 puntos na categoría W40. Ben feito Isa! Estivo acompañada na categoría por Lucía Doval que acadou 2980 puntos. En categoría M55 Carlos Ferrer sumou 5356 puntos na proba de Décathon, conseguindo xunto con Lucía, a marca mínima para a participación no Campionato de España.
Nesta ocasión as medallas foron o de menos (dous ouros e unha prata) xa que, debido á escasa participación de veteráns, estaban claras. Intentaron conseguir as mínimas e, a pesar do clima e da non moi axeitada organización, traballo feito!

domingo, 10 de abril de 2016

CARREIRA POPULAR "DE DOUS EN DOUS"


Segunda posición para as irmáns Orgeira, na modalidade "Equipo feminino" da carreira celebrada onte en Carballo, que como o seu nome indica, consistía en correr unidas por parellas. FANTÁSTICAS!!

domingo, 3 de abril de 2016

CTO. EUROPEO DE VETERÁNS

Remata a participación dos nosos compañeiros no Campionato Europeo de Veteráns, celebrado en Ancona (Italia), coa gran noticia da consecución da medalla de prata por parte de Ángeles Rodríguez, medalla que conseguiu na modalidade de 5Km Cross por equipos.
Ademáis participou nos 3000 m facendo un tempo de 14:03.43( 8ª) e en xavelina, conseguindo neste caso mellor marca persoal cun lanzamento de 21.18 (7ª). NORABOA CAMPEONA!




Participaron tamén  María Galiano, que conseguiu un fantástico 5º posto en triple, cun salto de 9.67; e José Darío Núñez que competiu en 60 ml ( 8.18) e 200m ( 26.75). Noraboa tamén polo esforzo realizado!


FELIZ REGRESO A CASA!!!

sábado, 2 de abril de 2016

GALA ATLETISMO GALEGO

Onte algúns dos nosos compañeiros achegáronse á Cidade da Cultura de Santiago a recibir o premio acadado polos seus logros na tempada atenrior ( na imaxe 8 dos 11 premiados). Premio ao seu esforzo e amor polo atletismo, e que un ano máis comparten con tódolos membros do clube que por unha razón ou outra este ano non o conseguiron, pero que sempre están aí para apoiarse uns a outros.
Noraboa!