domingo, 4 de febrero de 2018

CAMPO A TRAVÉS

Juan Loureiro proclamouse subcampión da categoría Benxamín no Campionato Provincial de Campo a Través-Xogade, celebrado en Acea da Má. Neste mesmo campionato Noa Rey, quedou na 20 posición en Alevín e Samuel Fariñas 4º en Infantil.

CTO. GALEGO- PENTATHLON LANZAMENTOS


Non lle temeron ao frío José Manuel Núñez ( 1841p) e Carlos Vera (1548p) ,conseguindo así a Prata e Bronce respectivamente  no Campionato de Pentathlon de Lanzamentos que se celebrou en Pontevedra esta mañá. Noraboa!