viernes, 23 de septiembre de 2016

MINIOLIMPIADA DA MANCOMUNIDADE

Os sábados 8 e 15 de outubro celebrarase a 1ª Miniolimpiada da Mancomunidade de municipios de Ordes, en sesión de tarde. A celebración terá lugar en Ordes e levaranse a cabo varias probas. Nas imaxes adxuntas tedes toda a información. 
A inscrición farase a través dos coordinadores deportivos de cada Concello ou no correo do clube ( atleticasilva@gmail.com). Lembrade que tedes ata o día 3 de outubro para anotarvos.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


miércoles, 7 de septiembre de 2016

ESTAMOS DE VOLTA!!!

Despois de recargar as pilas durante o verán (e ter o blog bastante desatendido, todo hai que decilo) aquí estamos de novo!

Así que xa vos deixamos información das escolas de Ordes, para que poidades anotarvos canto antes.