miércoles, 31 de enero de 2018

RESUMO FIN DE SEMANA

Éxito para grandes e pequenos esta pasada fin de semana:

Nova marca persoal para María Pena en xabelina: 39.24 m. Sigue superándose a si mesma. Isto promete!!!

No máis alto do podium, Juan Loureiro, proclamándose Campión Galego de Campo a Través.
E chegado o turno dos maiores, prata e bronce, respectivamente, para José Manuel Gontá e Manuel Núñez no Campionato Galego de Pentatlon, e ouro para José Domínguez

miércoles, 24 de enero de 2018

CROSS-CLASIFICATORIO ZONAL

 Fantásticos resultados para os nosos rapaces no Cross celebrado o pasado sábado en Santiago. Nada máis e nada menos que dous primeriros postos, un segundo e un bronce por equipos. Noraboa!

martes, 16 de enero de 2018

CTO. GALEGO MÁSTER


27 medallas para os Veteráns do Clube, conseguidas este domingo no Campionato Galego celebrado na Pista Cuberta de Ourense ( 7 ouros, 7 pratas e 13 bronces). Noraboa!!

RESULTADOS

sábado, 13 de enero de 2018

XI GALA DO ATLETISMO GALEGO


Na imaxe os premiados na Gala do Atletismo Galego celebrada onte no Barco de Valdeorras ( faltando na mesma os tamén premiados José Manuel Gontá, Rogelio e Darío).

Mención especial para o noso adestrador Pepe, que recibiu o premio ao mellor adestrador de categorías inferiores, e para Ángeles e Basi, que recibiron o premio aos mellores atletas máster. Ben merecido o teñen!!!


(Máis fotos na galería)

viernes, 12 de enero de 2018

CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO

Tres clasificados para o Campeonato Galego Absoluto que terá lugar mañá sábado na pista cuberta de ExpoOurense. Lara, Pedro e Lucas. Os tres clasificados en probas de velocidade.
MOITA SORTE!