domingo, 10 de enero de 2016

PROBAS COMBINADAS

Chuvioso día para a celebración do Campionato Galego de Probas Combinadas en Lugo. Ata alí desprazáronse Lucas Paz,  que quedou no oitavo posto na proba de hexathlon con 2254 puntos, Lucía Doval e Ángeles Rodríguez, que conseguiron o ouro en pentathlon con 2234 e 1862 puntos nas súas categorías respectivas.






 O sábado tamén se achegou a Lugo Lara López para participar no control de marcas de 60 m, no que conseguiu marca personal cun tempo de 8.74. Fantástico!