Comezamos decembro coa boa nova da consecución de Marca Mínima Nacional por parte de MARÍA PENA en xabelina.
Como premio e regalo de Nadal, este 26 marcha de concentración a León.
Tres equipos conseguiron clasificarse para participar o 16 de decembro na Liga Galega de inverno de Categorías menores ( Benxamín masculino, Infantil masculino e Infantil femenino). 5º fantásticos postos para os tres, estrenando a pista cuberta de Ourense. Moi boas posicións tendo en conta que non cubrían tódalas probas.
RESULTADOS BENXAMÍN- RESULTADOS INFANTIL
Juan Loureiro- Ouro en 500m
Daniel Loureiro- Prata en 500m e en 60mv
Martiño Caneda- Ouro en 500m e en 60mv
Samuel Fariña- Bronce en 500m
Antonio Soto- Bronce en peso
Lara López- Ouro en 60m
Elisa Mendoza- Bronce en 500m
RESULTADOS
Esta vez foron os atletas veteráns os que se estrenaron na nova pista cuberta, na celebración da I Copa de Galicia Mástero 23 de decembro, na que o equipo feminino conseguiu o 2º posto e o masculino o 3º. Fantástica xornada!
RESULTADOS
É posible que aínda quede algunha competición máis ata final de ano. Unha delas a San Silvestre de Ordes, que terá lugar o 31 de decembro ás 12 da mañá, e na que colabora o noso clube, xunto co Atletismo Ordes. Non deixedes de asistir!!! Podedes inscribirvos de maneira gratuita en carreirasgalegas.com. ENLACE