lunes, 18 de abril de 2016

CTO. GALEGO- COMBINADAS- VETERÁNS


Primeira competición en Héptatlon para Isabel Fernández Bello, que saiu airosa das distintas probas, acadando un total de 1784 puntos na categoría W40. Ben feito Isa! Estivo acompañada na categoría por Lucía Doval que acadou 2980 puntos. En categoría M55 Carlos Ferrer sumou 5356 puntos na proba de Décathon, conseguindo xunto con Lucía, a marca mínima para a participación no Campionato de España.
Nesta ocasión as medallas foron o de menos (dous ouros e unha prata) xa que, debido á escasa participación de veteráns, estaban claras. Intentaron conseguir as mínimas e, a pesar do clima e da non moi axeitada organización, traballo feito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario