REGULAMENTO:
1ª LIGA DE ATLETISMO DA MANCOMUNIDADE DE
ORDES.
*Organizador
Principal: Mancomunidade de Ordes.
*Patrocina: Deputación
da Coruña.
*Organizadores do evento: CLUBE ATLÉTICA A SILVA e CLUBE ATLETISMO ORDES.
*Organizadores do evento: CLUBE ATLÉTICA A SILVA e CLUBE ATLETISMO ORDES.
*Datas: 3
sábados tarde, de 17 a 19 h (7 , 14 e 21de novembro de 2015)
1. QUEN PODE PARTICIPAR?: toda persoa que estea empadroado/a nalgún concello da mancomunidade
de Ordes, e nacera no ano 2008 ou anos anteriores (Cerceda, Frades, Mesía,
Tordoia,Trazo, Ordes e Oroso).
2. CATEGORÍAS:14
( 7 femininas e 7 masculinas).
-Benxamín: 2008-07
-Alevín: 2006-05
-Infantil: 2004-03
-Cadete: 2002-01
-Xuvenil-junior: 2000-1999-98-97
-Promesa-senior: entre 1996 e 1980.
-Veterán: dende o 1979 e anteriores.
3. INSCRICIÓNS: mediante o correo electrónico atleticasilva@gmail.com
(Datos
necesarios: NOME e APELIDOS, SEXO, DATA
NACEMENTO, DNI , CONCELLO onde está empadroado/a, TALLA CAMISETA e SI ESTÁ OU NON FEDERADO/A)
DERRADEIRO DÍA
PARA ANOTARSE: 23 DE OUTUBRO, ÁS 14 H.
4. EN QUE CONSISTE
A COMPETICIÓN? :Competición de atletismo POR CONCELLOS (os da
mancomunidade) en 3 sábados pola tarde.
-1º
Sábado: regalo DUNHA CAMISETA para cada participante, segundo concello.
Cada concello, unha cor diferente e coa serigrafía do escudo do seu concello.
Teñen que levala para competir.
Actividade a realizar: probas de velocidade e
lanzamentos por categorías.
MEDALLAS: daranse 3 por categoría e proba e
sumaranse a un medalleiro xeral, por concellos.
-2º
Sábado:
Actividade a realizar: probas de Saltos,
lanzamentos(máis carreiras de valados, segundo tempo).
MEDALLAS: daranse 3 por categoría e proba e
seguiremos sumando ao medalleiro por concellos, que principiamos o sábado
anterior.
-3º
Sábado:
Actividade a realizar: proba FINAL DE CROSS DE
RESISTENCIA.
MEDALLAS: daranse 3 por categoría e proba e
sumaremos ao medalleiro dos 2 sábados anteriores.
5.TROFEOS E
PREMIOS:ademáis das camisetas do primeiro día e as medallas de cada
sábado,haberá un equipo gañador que será o concello con máis medallas de OURO.
En caso de empate , contabilizarán as PRATAS e si persiste o empate, decidirán
os bronces. Subirán ao podio todos os
participantes dos 3 primeiros concellos, que recibirán as copas respectivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario