miércoles, 31 de enero de 2018

RESUMO FIN DE SEMANA

Éxito para grandes e pequenos esta pasada fin de semana:

Nova marca persoal para María Pena en xabelina: 39.24 m. Sigue superándose a si mesma. Isto promete!!!

No máis alto do podium, Juan Loureiro, proclamándose Campión Galego de Campo a Través.
E chegado o turno dos maiores, prata e bronce, respectivamente, para José Manuel Gontá e Manuel Núñez no Campionato Galego de Pentatlon, e ouro para José Domínguez

miércoles, 24 de enero de 2018

CROSS-CLASIFICATORIO ZONAL

 Fantásticos resultados para os nosos rapaces no Cross celebrado o pasado sábado en Santiago. Nada máis e nada menos que dous primeriros postos, un segundo e un bronce por equipos. Noraboa!

martes, 16 de enero de 2018

CTO. GALEGO MÁSTER


27 medallas para os Veteráns do Clube, conseguidas este domingo no Campionato Galego celebrado na Pista Cuberta de Ourense ( 7 ouros, 7 pratas e 13 bronces). Noraboa!!

RESULTADOS

sábado, 13 de enero de 2018

XI GALA DO ATLETISMO GALEGO


Na imaxe os premiados na Gala do Atletismo Galego celebrada onte no Barco de Valdeorras ( faltando na mesma os tamén premiados José Manuel Gontá, Rogelio e Darío).

Mención especial para o noso adestrador Pepe, que recibiu o premio ao mellor adestrador de categorías inferiores, e para Ángeles e Basi, que recibiron o premio aos mellores atletas máster. Ben merecido o teñen!!!


(Máis fotos na galería)

viernes, 12 de enero de 2018

CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO

Tres clasificados para o Campeonato Galego Absoluto que terá lugar mañá sábado na pista cuberta de ExpoOurense. Lara, Pedro e Lucas. Os tres clasificados en probas de velocidade.
MOITA SORTE!

domingo, 24 de diciembre de 2017

RESUMO DECEMBRO

A punto de rematar o ano, facemos un resumo deste mes.

Comezamos decembro coa boa nova da consecución de Marca Mínima Nacional por parte de MARÍA PENA  en xabelina.
Como premio e regalo de Nadal, este 26 marcha de concentración a León.







Tres equipos conseguiron clasificarse para participar o 16 de decembro na Liga Galega de inverno de Categorías menores ( Benxamín masculino, Infantil masculino e Infantil femenino). 5º fantásticos postos para os tres, estrenando a pista cuberta de Ourense. Moi boas posicións tendo en conta que non cubrían tódalas probas.

RESULTADOS BENXAMÍN- RESULTADOS INFANTIL


O 22 de decembro tocou o II Trofeo atletismo en pista de USC. 9 medallas conseguidas:

Juan Loureiro- Ouro en 500m
Daniel Loureiro- Prata en 500m  e en 60mv
Martiño Caneda- Ouro en 500m e en 60mv
Samuel Fariña- Bronce en 500m
Antonio Soto- Bronce en peso
Lara López- Ouro en 60m
Elisa Mendoza- Bronce en 500m

RESULTADOS

Esta vez  foron os atletas veteráns os que se estrenaron na nova pista cuberta, na celebración  da I Copa de Galicia Mástero 23 de decembro, na que o equipo feminino conseguiu o 2º posto e o masculino o 3º. Fantástica xornada!



RESULTADOS




















É posible que aínda quede algunha competición máis ata final de ano. Unha delas a San Silvestre de Ordes, que terá lugar o 31 de decembro ás 12 da mañá, e na que colabora o noso clube, xunto co Atletismo Ordes. Non deixedes de asistir!!! Podedes inscribirvos de maneira gratuita en carreirasgalegas.com. ENLACE

jueves, 30 de noviembre de 2017

TROFEO CIDADE DE NARÓN

Primeira actuación desta tempada acudindo ao Trofeo Cidade de Narón o domingo 26.



Destaca a participación de Paula Noya en 300m e Lara López en 200 m, con marcas moi cercanas á mínima española.

Debut neste trofeo de Pablo Mendoza e Antonio Soto.

No seguinte ENLACE podedes consultar os resultados.