domingo, 24 de diciembre de 2017

RESUMO DECEMBRO

A punto de rematar o ano, facemos un resumo deste mes.

Comezamos decembro coa boa nova da consecución de Marca Mínima Nacional por parte de MARÍA PENA  en xabelina.
Como premio e regalo de Nadal, este 26 marcha de concentración a León.







Tres equipos conseguiron clasificarse para participar o 16 de decembro na Liga Galega de inverno de Categorías menores ( Benxamín masculino, Infantil masculino e Infantil femenino). 5º fantásticos postos para os tres, estrenando a pista cuberta de Ourense. Moi boas posicións tendo en conta que non cubrían tódalas probas.

RESULTADOS BENXAMÍN- RESULTADOS INFANTIL


O 22 de decembro tocou o II Trofeo atletismo en pista de USC. 9 medallas conseguidas:

Juan Loureiro- Ouro en 500m
Daniel Loureiro- Prata en 500m  e en 60mv
Martiño Caneda- Ouro en 500m e en 60mv
Samuel Fariña- Bronce en 500m
Antonio Soto- Bronce en peso
Lara López- Ouro en 60m
Elisa Mendoza- Bronce en 500m

RESULTADOS

Esta vez  foron os atletas veteráns os que se estrenaron na nova pista cuberta, na celebración  da I Copa de Galicia Mástero 23 de decembro, na que o equipo feminino conseguiu o 2º posto e o masculino o 3º. Fantástica xornada!



RESULTADOS




















É posible que aínda quede algunha competición máis ata final de ano. Unha delas a San Silvestre de Ordes, que terá lugar o 31 de decembro ás 12 da mañá, e na que colabora o noso clube, xunto co Atletismo Ordes. Non deixedes de asistir!!! Podedes inscribirvos de maneira gratuita en carreirasgalegas.com. ENLACE

jueves, 30 de noviembre de 2017

TROFEO CIDADE DE NARÓN

Primeira actuación desta tempada acudindo ao Trofeo Cidade de Narón o domingo 26.



Destaca a participación de Paula Noya en 300m e Lara López en 200 m, con marcas moi cercanas á mínima española.

Debut neste trofeo de Pablo Mendoza e Antonio Soto.

No seguinte ENLACE podedes consultar os resultados.

jueves, 23 de noviembre de 2017

CLASIFICACIÓN EQUIPOS

Tres equipos clasificados para o Galego de pista cuberta que terá lugar o 16 de decembro nas pistas de Ourense: Infantil homes, Infantil mulleres e Benxamín homes.

Moita sorte e a por todas!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

VI LIGA GALEGA-ABANCA

Este sábado celebrouse a Liga Galega ABANCA de categorías menores, na que o  equipo Benxamín Masculino acadou a terceira praza, o Infantil Feminino a 4ª, o Infantil masculino a 5ª, o Benxamín feminino a 6ª e o Alevín feminino a 8ª. Moi boa actuación de todos á espera das clasificacións para o provincial.

No seguinte ENLACE podedes consultar os resultados.

domingo, 24 de septiembre de 2017

CARREIRA A SILVA

Con un pouco de retraso, non queremos deixar de agradecer a todos a súa contribución na realización doutra edición da Carreira Popular de A Silva: participantes, patrocinadores e colaboradores. A todos GRACIAS UN ANO MÁIS! , por acercarvos a participar e por colaborar económicamente, con trofeos, froita, bebida, regalos...(non nombramos a todos por temor a esquecernos de alguén) e como non, polo tempo libre de tódolos voluntarios.

Deixamos algunha foto na galería.

miércoles, 6 de septiembre de 2017

ESCOLAS



En outubro darán comezo as clases das Escolas de Atletismo, tanto na Silva coma en Ordes. Premendo no seguinte ENLACE teredes acceso ao impreso de inscrición, que poderedes imprimir.


sábado, 2 de septiembre de 2017

CARREIRA- AVISO IMPORTANTE!!!

 Por motivo da coincidencia coa VOLTA CICLISTA A GALICIA, e ante a imposibilidade de poder utilizar a estrada AC-400, vémonos na obriga de modificar o percorrido e distancia da carreira de 10 Km, pasando a ser agora de 7 Km.

No seguinte ENLACE adxuntamos o novo regulamento con ditas modificacións e adxuntamos enlace do perfil do novo percorrido.

Agradecemos a súa máxima difusión e pedimos disculpas por estes cambios que nos viñeron impostos.

Un saúdo
José Domínguez Caballero (Presidente Atlética A Silva)