Este fin de semana estivo cargado de competicións.
Comezou xa o
venres cun control de marcas na Coruña. Entre as distintas acutacións destacamos a de
Sara Míguez que acadou a mínima en vallas para o Campionato Galego, cun tempo de 10.88.
Podedes ver tódolos resultados premendo no seguinte enlace:
CONTROL DE MARCAS-CORUÑA
O
sábado, outro control de marcas, esta vez en Ribeira, onde
Martín Moar melloraba marca en peso con 10.47m.
RESULTADOS

Ademáis, en Pontevedra, tiña lugar o
Campionato Galego Absoluto de lanzamentos longos de inverno, no que
Martín Liste quedaría no 5º posto en Disco de 2Kg.
Disputouse paralelamente o
Campionato Galego de Pentatlon de lanzamentos-
Veteranos.
En categoría W 55 proclamouse campiona
Ana Abuín que ademáis conseguiu o
récord de España de martillo pesado. Acompañouna no podium como subcampiona
Ángeles Rodríguez.

Tamén houbo medallas na categoría masculina:
José Fraga subcampeón en M50,
José Manuel Nuñez e Carlos Vera campión e subcampión en M 45 e
Carlos Ferrer campión en M 55.
RESULTADOS PENTATLON
Para finalizar a fin de semana, o
domingo disputouse en Vilagarcía o Trofeo Atletismo Mazi. Competiron María Pena, Andra Caneda, Daniel Castro, Icía Ares, Sofía , Saray, Martiño, Gloria e Daniel Loureiro, este último debutando con medalla incluída. En total acadaron 1 plata e 3 bronces.
RESULTADOS VILAGARCÍA