Con un pouco de retraso, non queremos deixar de agradecer a todos a súa contribución na realización doutra edición da Carreira Popular de A Silva: participantes, patrocinadores e colaboradores. A todos GRACIAS UN ANO MÁIS! , por acercarvos a participar e por colaborar económicamente, con trofeos, froita, bebida, regalos...(non nombramos a todos por temor a esquecernos de alguén) e como non, polo tempo libre de tódolos voluntarios.
Deixamos algunha foto na galería.
domingo, 24 de septiembre de 2017
miércoles, 6 de septiembre de 2017
sábado, 2 de septiembre de 2017
CARREIRA- AVISO IMPORTANTE!!!
Por motivo da coincidencia coa VOLTA CICLISTA A GALICIA, e ante a imposibilidade de poder utilizar a estrada AC-400, vémonos na obriga de modificar o percorrido e distancia da carreira de 10 Km, pasando a ser agora de 7 Km.
No seguinte ENLACE adxuntamos o novo regulamento con ditas modificacións e adxuntamos enlace do perfil do novo percorrido.
Agradecemos a súa máxima difusión e pedimos disculpas por estes cambios que nos viñeron impostos.
Un saúdo
José Domínguez Caballero (Presidente Atlética A Silva)
jueves, 24 de agosto de 2017
XIII CARREIRA POPULAR- A SILVA
Xa temos todo preparado para a seguinte edición da Carreira Popular da Silva. Este ano como novidade "Salto de altura na rúa".
SÓ FALTAS TI! AGARDÁMOSTE!
Premendo no seguinte ENLACE poderás descargar o Regulamento que ven a continuación.
Premendo no seguinte ENLACE poderás descargar o Regulamento que ven a continuación.
jueves, 17 de agosto de 2017
GRANDÍSIMO ALBERTO!!!

Noraboa Alberto!
Un orgullo para o clube!
martes, 8 de agosto de 2017
BENVIDO A CASA!!!!
E como gran campeón que é, Basi tivo o seu recibimento. Aínda que non puido haber unha ampla representación do clube, os que alí estiveron transmitíronlle a máis grande aperta e noraboa de parte do resto do equipo.Queda a celebración pendente!!!
domingo, 6 de agosto de 2017
O MÁIS GRANDE!!!

Remata o Campionato Europeo de Veteráns de Dinamarca coa consecución da MEDALLA DE OURO de BASILIO BERNÁRDEZ en salto de lonxitude. Nin máis nin menos que 6.41 metros para facerse con este primeiro posto. Resultado moi merecido por todo o traballo realizado ao longo da tempada. Agora a descansar!
Feliz regreso a casa!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)