miércoles, 12 de octubre de 2016

RESULTADOS MINIOLIMPIADA- SÁBADO 8

Despois de rematada a primeira xornada da Miniolimpiada, o medalleiro está do seguinte xeito:

Aínda queda esperar pola seguinte xornada, así que todo pode cambiar.
Podedes consultar os resultados das distintas probas na pestaña superior.


viernes, 7 de octubre de 2016

INFORMACIÓN MINIOLIMPIADA

Lembramos que este sábado día 8 de outubro inauguramos a Miniolimpiada da Mancomunidade ás 16:00h, nas pistas de atletismo de Ordes.

A partir das 16:00h realizarase a confirmación de inscrición e a entrega de dorsais e camisetas.

O horario deste sábado 8 é o seguinte:
16.00-17:00-Orientación
17:30- 1ª entrega de medallas
17:35- Atletismo e xadrez
18:30- 2ª entrega de medallas
18:40- Atletismo e xadrez
19:40- 3ª entrega de medallas e fin do primeiro día

Horario do sábado 15:
15:00- Fútbol sala ( no pavillón do Colexio Castelao 2. O que non teña o dorsal e/ou a camiseta deberá            pasar previamente polas pistas de atletismo)
O resto das actividades repiten o horario do día 8, clausurando a Miniolimpiada sobre as 19:30.

viernes, 23 de septiembre de 2016

MINIOLIMPIADA DA MANCOMUNIDADE

Os sábados 8 e 15 de outubro celebrarase a 1ª Miniolimpiada da Mancomunidade de municipios de Ordes, en sesión de tarde. A celebración terá lugar en Ordes e levaranse a cabo varias probas. Nas imaxes adxuntas tedes toda a información. 
A inscrición farase a través dos coordinadores deportivos de cada Concello ou no correo do clube ( atleticasilva@gmail.com). Lembrade que tedes ata o día 3 de outubro para anotarvos.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


miércoles, 7 de septiembre de 2016

ESTAMOS DE VOLTA!!!

Despois de recargar as pilas durante o verán (e ter o blog bastante desatendido, todo hai que decilo) aquí estamos de novo!

Así que xa vos deixamos información das escolas de Ordes, para que poidades anotarvos canto antes.





domingo, 10 de julio de 2016

CTO. ESPAÑA-CLUBES VETERÁNS


Remata o Campionato de España de clubes celebrado este sábado en Castellón. 8º con 66 puntos. A pesar de non poder cubrir tódalas probas, esforzáronse ao máximo e regresan con ganas de volver a intentalo o ano que vén.
Así que,  ¡¡¡noraboa polo traballo feito!!!

lunes, 4 de julio de 2016

DOBREMENTE CAMPEONAS!

Estas rapazas non paran!



O sábado cada unha polo seu lado: Icía ao Memorial Ramón Peña Blanco de Ferrol, onde conseguía o bronce no 500m mellorando a súa marca personal cun tempo de 1:53. 44; Andrea a Curtis, a participar no Campionato Galego de 5Km en ruta, onde quedou subcampeona.

O domingo coincidiron as dúas na Carreira de San Pedro de Visma, na que Icía volveu a obter o bronce e Andrea a prata.

Fantástico!!

viernes, 1 de julio de 2016

CAMPUS- 2016

Rematamos! Coa entrega de trofeos onte terminamos o Campus 2016. Esperamos que disfrutarades e que vos animedes a seguir practicando o atletismo.
Podedes ver fotos na pestaña superior.


Gracias a todos pola vosa asistencia!!!